MUSEO DE BELAS ARTES

Museos e coleccións
457
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Zalaeta s/n

15002  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 22.5" N - 8º 23' 58.2" W

Descrición

Moi preto da enseada do Orzán, no vello convento das capuchinas, un antigo edificio do século XVIII realizado por Casas y Novoa, perfectamente integrado no edificio moderno que o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura, finalizou en 1995. Cuns fondos de máis de 5.000 pezas este museo é un dos mellores referentes culturais de Galicia. O espazo expositivo distribúese en diversas salas que acollen unha excelente colección de pintura, escultura e artes decorativas. Artistas españois e estranxeiros como Juan de Juanes, Murillo, Tintoretto ou Rubens conviven con pintores galegos dos séculos XIX e XX. A sala de gravados céntrase na figura de Goya. Tamén destacable é a sección dedicada á cerámica de Sargadelos. As salas para exposicións temporais contan sempre cunha interesante programación.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba