FARO DE PUNTA SUBRIDO

Civil
1636

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Donón

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 51.9" N - 8º 51' 50.5" W

Descrición

É o terceiro dos faros que regulan a entrada de embarcacións na ría de Vigo en dirección sur. Moi similar ao faro de cabo Home, este distínguese porque ten dous pisos en vez de tres como o anterior. A torre é cilíndrica, en cor branco e coa base de cor azul. Mide 13 metros e está construído a 33 metros sobre o nivel do mar. A súa luz ten un alcance de 10 millas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!