FARO ILLA RÚA

Civil
2084
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía de Ribeira

15960  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 32' 57.4" N - 8º 56' 22.7" W

Descrición

O faro localízase na illa de Rúa, formada enteiramente de rocha e situada a 4 km ao sueste de Ribeira.
Unha escalinata na zona de desembarco dá acceso á illa e chega aos pés do faro.
Esta importante baliza de sinalización da ría de Arousa está construída en granito e ten planta de forma rectangular. A torre atópase na fachada meridional e álzase a 26 m. sobre o nivel do mar.
Na actualidade está deshabitado.

Acceso

Situado nunha illa a 4 km do sueste de Ribeira, sendo este o porto máis próximo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!