IGREXA PARROQUIAL DE SAN XURXO DE CODESEDA

Relixioso
887
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeseda (San Xurxo)

Lugar: A Sagrada

36684  A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 37' 05.9" N - 8º 26' 13.9" W

Descrición

En 1124 o rei Afonso VII dálle Codeseda a Munio Pérez Tacón cando ambos foron nomeados cabaleiros en Compostela. 30 anos despois, esta mesma igrexa aparece nunha relación do papa Anastasio IV coma mosteiro de freiras.

A cabeceira da igrexa, de estrutura pentagonal, está considerada como unha das máis fermosas e completas da provincia de Pontevedra. A ábsida está cuberta cunha bóveda nervada e unida coa nave mediante un tramo recto con bóveda de canón. Destacan os capiteis con decoración vexetal de influencia compostelá. A nave románica desapareceu en 1851.

Acceso

Saíndo da Estrada en dirección a Forcarei, pola EP-7001, a uns 9,2 km viramos á dereita, dirección Codeseda. A 400 m atopamos o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!