IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE SANTELES

Relixioso
1141
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santeles (San Xoán)

Lugar: Santeles de Abaixo

36689  A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 30.9" N - 8º 29' 27.9" W

Descrición

A igrexa románica de Santeles foi unha das máis completas da comarca. Conserva a parte máis occidental dos muros da nave coas ventás seteiras e case integramente a fachada principal. A portada está enmarcada por dous pares de columnas con capiteis vexetais e arquivoltas decoradas con arquiños e bólas. O tímpano, ao igual que en San Pedro de Ancorados, está decorado con cruces de entrelazos e outros xogos xeométricos. As similitudes da portada de Santeles coa portada norte do mosteiro de San Salvador de Camanzo lévanos a pensar que son obra do mesmo autor, o que nos sitúa cronoloxicamente nos anos finais do século XII ou a comenzos do XIII.

Acceso

Saíndo da Estrada en dirección a Santiago de Compostela, pola PO-841, a 3 km tomaremos un desvío á dereita pola estrada PO-2004 e a uns 4 km atoparemos o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!