IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE BAMA

Relixioso
522

Localización

Parroquia: Bama (San Vicenzo)

Lugar: A Eirexe

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 47.9" N - 8º 21' 59.0" W

Descrición

Ten a planta de cruz latina, realizada en granito. A fachada é de estilo neoclásico, ao igual que a torre do campanario.

Acceso

A ela chégase facilmente dende Touro a través da pista CP-6603 que vai desde a estrada AC-240, pasando polas parroquias de Touro, Loxo, ata a parroquia de Bama. Séguese esta pista sen desviarse ata que se atope un desvío á man dereita que conduce á Igrexa. Tamén se pode chegar a dito recurso a través da pista que sae da N-547 en Arca (O Pino). A igrexa está situada preto da Queixería de Bama, o que tamén supón unha referencia de cara á localización da mesma. A sinalización é bastante boa, e a igrexa é visible xa desde a estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!