IGREXA DA NOSA SEÑORA DE BOLMENTE

Relixioso
1325

Localización

Parroquia: Bolmente (Santa María)

Lugar: Bolmente

27425  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 25' 20.6" N - 7º 35' 21.2" W

Descrición

Igrexa probablemente de orixe románica, pero reconstruída totalmente a finais do século XVIII (na fachada aparece a data de 1789) , sobre unha edificación anterior da que aínda conserva restos de traza románica na estrutura da nave central e noutras partes do templo. É de planta basilical con tres naves e unha aparatosa espadana na súa portada. Da época románica conserva cinco canos lisos no alzado sur da ábsida, unha seteira no testeiro (hoxe tapiada) e o arco triunfal do interior.

O frade Austerigo doouna no ano 876 ao mosteiro de Santa Cristina do Sil. 
Igrexa de cantaría granítica, de planta basilical de 3 naves, con teito de madeira, tellado a dúas augas, espadana na fronte, cun rosetón, e pórtico que cubre toda a fachada.
Consta de 3 portas de entrada, a central de medio punto, abucinada, con ornamentación radial no tímpano. 
O presbiterio está cuberto por bóveda de cruzaría, que conserva restos de pinturas murais do século XVIII, coa estrela de Salomón
Consta de tres naves, con senllas portas ó frontis, capela maior cuberta con bóveda de crucería e nervios e sancristía achegada. Rosetón na fronte. Soportal de tella que se prolonga dende a fachada principal ata o muro de cerramento de cachotería do recinto. Consta de campanario con dous vans.
Atópase localizada no núcleo de Suairexa, de casas tradicionais e entorno agrícola con abundante vexetación e pradeiras.
Arriba
Axúdanos a mellorar!