IGREXA MONACAL DO CONVENTO M.M. BERNARDAS

Relixioso
800
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferreira de Pantón (Santa María)

Lugar: O Castro de Ferreira

27430  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 29.9" N - 7º 37' 11.9" W
+34 982 456 155

Descrición

Construída na segunda metade do s. XII. Ten unha nave de planta rectangular, ábsida semicircular con seteiras e a cuberta a dúas augas. O interior está cuberto con artesoado de madeira de tradición mudéxar. Ten un retablo maior con esculturas. Forma parte do Mosteiro das Nais Bernardas.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Monforte. Tras pasar unha ponte xírase á esquerda. Esta vía conduce á igrexa.
Accesibilidade : A pé, por estar no interior do recinto do mosteiro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!