IGREXA DE SANTA MARÍA DE CASTRELO DE MIÑO

Relixioso
1707

Localización

Parroquia: Castrelo de Miño (Santa María)

Lugar: Santa María

32430  Castrelo de Miño - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 26.9" N - 8º 06' 55.0" W

Descrición

Da igrexa primitiva, dunha nave, consérvase a ábsida, da segunda metade do século XII; é semicircular, dividida por tres columnas encostadas, con ventás de arcos semicirculares, apoiados en pequenas columnas acobadadas en xambas. No seu interior presenta arco triunfal de medio punto sobre semicolumnas encostadas e bóveda de canón.

A igrexa garda no interior un retablo do ano 1964 e pinturas murais con escenas do Xuízo Final de Cristo ante Oilatos, da Flaxelación e do Camiño do Calvario. A nave foi construída no ano 1763 e no adro atópanse relevos románicos con escenas de Cristo e de san Pedro e san Paulo. Con porta barroca e contrafortes no muro norte e sur rematados por pináculos con bólas, esta igrexa está situada na parte alta do núcleo de Santa María e ten unhas formidables vistas cara ao río Miño.
Arriba
Axúdanos a mellorar!