IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE FONFRÍA

Relixioso
248
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fonfría (San Xoán)

Lugar: Fonfría

27671  Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas:
42º 43' 52.9" N - 7º 09' 27.0" W

Descrición

Construída no século XVI, sofre importantes reformas posteriores, a máis significativa en 1964. A porta lateral dereita, en arco de medio punto con doelas que descansan sobre as xambas, parece indicar a época na que se erixiu. Tamén se recoñece ese estilo na porta principal, aínda que a fachada foi restaurada. As pedras da porta son as orixinais porque puxéronse a colocar o máis fielmente posible en dita restauración. O templo ten unha nave de planta rectangular, muros de pedra calcaria e cuarzo.
O tellado é de lousa e está cuberto a dúas augas. A Sancristía chama moito a atención porque está pegada a un dos laterais da nave. É significativo, ademais, o campanario, tamén rehabilitado, que está formado por unha sola parede con ocos para as campás e está coroado por un remate triangular. O aspecto orixinal conservase tan ben que podería case pensarse que é románico.
San Xoán de Fonfría tivo un hospital de peregrinos que xa non existe na actualidade. Antigamente os peregrinos recibían lume, sal, auga da fonte desta localidade, de aí o nome do pobo, unha cama e dúas mantas para dormir.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección Triacastela. A vinte km está Fonfría. A igrexa está próxima á estrada.
Accesibilidade: A pé, en coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba