IGREXA DE SAN MARTIÑO DO REAL

Relixioso
918
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño do Real (San Martiño)

Lugar: San Martiño do Real

27627  Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 44' 17.0" N - 7º 18' 56.9" W

Descrición

Igrexa dun románico rural, realizada en cachotaría de luosenta, polo que apenas presenta decoración, unicamente nos canecillos, ornamentados con carneiros, cabezas de cabalos, figuras humanas e motivos xeométricos. A nave é de planta rectangular, cun cabido á entrada, e ábsida de tramo recto que presenta un testeiro redondo con arco triunfal dobrado e irregular, apoiado no muro de división mediante impostas de rudo abilletado. A fachada principal é muxe, cunha ventá no centro realizada en cachotería de lousa, e a cuberta a dúas augas realizada tamén con laxes de lousa. A parte redonda da ábsida divídese exteriormente en tres tramos de pilastras anchas e con pouco resalte, sen baseas nin capiteis. O muro do tambor é totalmente cego, e nos costados laterais da nave ábrense senllas seteiras con arco tendente á ferradura.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!