IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO

Relixioso
2075
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa da Igrexa, s/n

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 22.0" N - 8º 52' 05.9" W

Descrición

Construída no s. XV aproveitando materiais dunha antiga igrexa románica con elementos de varias épocas. Planta de cruz latina con capelas laterais e con bóveda de canón na cabeceira. No interior atopa un arco apuntado con decoración do s. XVI. No s. XVII engádese un campanario barroco, o coro cunha ampla balaustrada. Posúe un retablo barroco relegado actualmente a unha capela lateral. 
Todo o adro exterior da igrexa está rodeado dun muro de pedra e árbores.
Celébrase misa os sábados e véspera de festivo ás 20:00 h e os domingos e festivos ás 9:00, ás 12:00 e ás 20:00 h. durante o verán. No inverno as misas da tarde pasan a ser as 19 h.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!