IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE

Relixioso
2012
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Vicente do Grove (San Vicente)

Lugar: San Vicente do Mar

36988  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 31.9" N - 8º 55' 32.9" W

Descrición

Construción situada nas proximidades da praia do Carreiro. Érguese en 1770, substituíndo unha anterior que estaba situada no xacemento arqueolóxico de Adro Vello, mantendo elementos da primeira construción. Planta rectangular con bóveda de canón. Fachada con campanario central coroando a fachada, presentando o típico estilo barroco compostelán coa decoración de placas. Accédese a ela por unhas escaleiras, en fronte das cales, na parte exterior, se atopa un cruceiro. No seu ámbito non existe ningunha construción agás a Casa Reitoral e o Cemiterio. 
Ten a peculiaridade de estar orientada ao levante por estar consagrada a San Vicente, tras o paso da peste negra por estas terras.
Celébrase misa os domingos e festivos ás 12:00 e ás 20:00 h e os días laborais ás 20:00 h.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!