IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE MONDARIZ

Relixioso
941

Localización

Parroquia: Mondariz (Santa Baia)

Lugar: Mondariz

Praza Domingo Blanco Lage

36870  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 55.0" N - 8º 27' 16.9" W

Descrición

Igrexa parroquial construída a mediados do século XVIII. Mostra do estilo neoclásico, a fachada principal remata nunha esvelta e señorial torre-campanario de dous corpos que cobixa catro campás de bronce. A planta é de cruz latina e cóbrese cunha bóveda de pedra de cantería labrada, imitando o gótico no corpo da igrexa e sancristía. O presbiterio presenta un estilo Neoclásico puro. No seu interior garda cinco retablos, dous deles situados nas capelas laterais de estilo neoclásico, outros dous en corpo de igrexa (un de estilo tamén neoclásico e outro máis moderno) e o quinto sitúase ao fondo, no presbiterio, presidindo o altar maior sendo de estilo barroco.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!