IGREXA DE SANTO ANDRÉS DE CESAR

Relixioso
1428
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santo André de Cesar (Santo André)

Lugar: Reirís

36653  Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 38.0" N - 8º 37' 36.9" W

Descrición

Igrexa con nave e fachada reconstruídas no s. XVIII, en estilo neoclásico; conservando a ábsida semicircular románica, do s. XII. Posúe tres pequenas ventás de gran harmonía e un escudo coa "M" da familia Montenegro, acompañada pola representación da serea que fai referencia á liñaxe dos Mariño. Cando realizaron as obras de limpeza do presbiterio apareceron pezas dunha construción máis antiga, prerrománica ou sueva, as cales se atopan pegadas ao muro norte da igrexa.

Acceso

Partindo de Caldas de Reis, tomamos a N-640 con dirección á Estrada; no Km 2 (Marco 40) atopámonos á dereita cun piñeiro manso bastante alto rodeado dunha balaustrada de pedra, case en fronte deste (á esquerda) hai unha pista que conduce á igrexa, situada a 350 m.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!