IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SAIAR

Relixioso
1433
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Saiar (Santo Estevo)

Lugar: A Igrexa

36656  Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 27.0" N - 8º 41' 11.0" W

Descrición

Igrexa románica de comezos do s. XIII. Da súa primitiva construción sobre un castro conserva a fachada e a nave, mentres que a ábsida, refeita completamente, é posterior. A porta meridional, de arco lobulado, ten representado no tímpano, un año acompañado por unha cruz patriarcal. Esta representación, xunto cos caneciños de estrañas figuras, forman un interesante conxunto de estilo románico.

Acceso

Saíndo do pobo de Caldas en dirección a Vilagarcía de Arousa, pola estrada N-640, a uns 3,3 Km collemos unha desviación á dereita, a 0,9 Km collemos outra desviación á esquerda e a 1,5 Km atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!