IGREXA DE SANTA EULALIA DE PONTE CALDELAS

Relixioso
1271

Localización

Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)

Lugar: Caldelas

36820  Ponte Caldelas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 23' 48.9" N - 8º 30' 17.2" W

Descrición

Resaltar o seu extraordinario retablo do século XVII, no que destacan os seus tres altares de pedra. A igrexa é de estilo barroco (construída no século XVII e remodelada no século XVIII e XIX) ten planta de cruz latina na que destaca a fachada onde podemos observar unha impoñente torre con campanario e unha imaxe de Santa Eulalia enriba da porta principal. Atópase rodeada dun bonito parque dende o que podemos divisar unhas fermosas vistas do val do Río Verdugo. En fronte da fachada podemos ver a casa rectoral bastante ben conservada. Destaca un pequeno patín, o reloxo de sol e a cruz no muro que flanquea o portón de entrada.

Acceso

De Ponte Caldelas en dirección Augasantas por esta mesma estrada á esquerda (sinalizado), tras percorrer 1 Km atopámonos coa igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!