IGREXA DE SAN BARTOLOMEU DE SEIXIDO

Relixioso
1157

Localización

Parroquia: Seixido (San Bartolomeu)

Lugar: O Seixido

36835  A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 33.0" N - 8º 22' 47.9" W

Descrición

Igrexa barroca, de cruz latina, con sancristía lateral, tellado a dúas augas e cruceiro máis elevado, a catro augas e con lanterna. No lateral dereito ten un pórtico novo, con contrafortes e escaleira exterior. Na bóveda do altar ten inscrita a data de 1784, aínda que no arco de triunfo constata unha posterior modificación de 1857. Na fachada presenta unha porta con moldura e dúas pilastras acanaladas. Friso con métopas floreadas. Frontón triangular quebrado, na parte superior un clípeo e dous pináculos laterais. Sobre o frontón atópase unha fornela cun san Bartolomeu. Fachada coroada por unha torre campanario en tres corpos, con arcos de medio punto, pináculos e acabado en cupulín.

Acceso

Na parroquia de Seixido, nun alto, amurallada e con vía crucis. Na estrada que vai da Lama a Avión.
Arriba
Axúdanos a mellorar!