IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO

Relixioso
1080

Localización

Parroquia: Mourentán (San Cristovo)

Lugar: Novás

36437  Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 08' 21.0" N - 8º 18' 02.0" W

Descrición

A Igrexa parroquial de San Cristóbal de Mourentán na súa primitiva fábrica foi conventual. O actual templo é de época barroca con torre de claro gusto neoclásico sobre base cúbica. Na fachada principal sobresae a sinxela portada con arco de medio punto e sobre ela unha fornela con frontón semicircular que cobre a figura dun santo. Presenta contrafortes laterais e aínda conserva un escudo dos Sarmiento pertencente a unha capela ou enterramento dalgún membro de tan ilustra familia que eran donos do Pazo de Pombeiro. A nivel interior destacar un fermoso altar así como a bóveda de cachotaría que cobre o teito do presbiterio.

Dende a igrexa temos unha panorámica de toda a parroquia.

Acceso

Dende Arbo dirixímonos pola Estrada Provincial dirección A Cañiza. Despois de percorrer uns catro quilómetros dende o núcleo urbano observamos unha rampla de forte pendente que nos conduce ata a Igrexa de San Cristovo.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Cistercienses
Arriba
Axúdanos a mellorar!