IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE CEREIXO

Relixioso
2363

Localización

Parroquia: Cereixo (Santiago)

Lugar: Porto de Cereixo

15121  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 55.9" N - 9º 07' 34.9" W

Descrición

Trátase dunha ben conservada igrexa románica construída a mediados do século XII. Destaca o seu tímpano sur, un relevo que representa a lenda da Translatio, o traslado do corpo do Apóstolo Santiago na barca que o trouxo a Galicia desde Palestina. A súa singularidade reside en ser unha representación única no románico desta lenda, polo que pode falar da importancia xacobea do lugar como porto de chegada de peregrinos. Na igrexa pódense ver representacións de pecados, animais e formas vexetais.  

A localización desta igrexa é moi fermosa, inserida dentro dun interesante conxunto histórico que completan as Torres de Cereixo, o carballo centenario, o muíño de mareas, o paseo fluvial e a arquitectura popular do lugar.

Acceso

Dende Vimianzo, tomamos a estrada de Camariñas. Na Ponte do Porto viramos a Muxía e seguindo a ribeira chegamos ao Porto de Cereixo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!