IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE VICEDO

Relixioso
1009

Localización

Parroquia: O Vicedo (Santo Estevo)

Lugar: O Vicedo

27860  O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 44' 17.0" N - 7º 39' 25.9" W

Descrición

A reforma de 1794 fixo transformar por completo a estrutura da edificación antiga. De planta rectangular, de fábrica de cantería nos esquinais e cachotería caleada no resto, componse de tres naves separadas por pilastras cadradas unidas lonxitudinalmente por arcos de medio punto e con cuberta común de lousa a dobre vertente. Dúas sancristías nos costados do presbiterio e pórtico no frontis con entradas de arco polos costados. Sobre a porta principal simple espadana de dobre van e campanil pequeno preto da porta lateral da nave. Interior: arco triunfal de medio punto, e retablo maior e laterais neoclásicos, con esculturas da época.

Acceso

No centro da vila.
Arriba
Axúdanos a mellorar!