CAPELA DE SAN BARTOLOMEU

Relixioso
1209
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxo

Rúa: Porto de Rianxo

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 59.0" N - 8º 49' 18.9" W

Descrición

Esta capela de reducidas dimensións foi erixida no século XVII no peirao do porto de Rianxo. Non se sabe por quen foi fundada, aínda que nalgúns escritos aparece ligada aos señores do pazo dos Calote (ou O Araño, Rianxo). En 1854 serviu de refuxio para enfermos de cólera. Ata mediados do século XX atopábase nun pequeno illote fronte á vila de Rianxo, pero co recheo portuario da segunda metade do século pasado quedou situada no porto rianxeiro.

Acceso

Dende a Praza de Castelao podemos ir andando ou en coche ata a zona portuaria, onde se atopa a capela. O acceso faise polo Paseo de Manuel Antonio, a unha distancia duns 500 m.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!