CAPELA DE SAN XOSÉ DA FLORESTA

Relixioso
964
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxiño

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 20.0" N - 8º 48' 43.9" W

Descrición

Cinto Varela Becerra Soutomaior mandou construír esta pequena capela (que hoxe tamén coñecemos como capela do Patrocinio) logo da licenza outorgada en 1644. Nela venerouse dende 1773 a imaxe da Nosa Señora de Guadalupe, ata que foi trasladada a mediados do século XIX á capela da Virxe de Guadalupe. 
Na fachada principal podemos observar un dos escudos nos que Castelao se inspirou para deseñar o escudo galego da serea co lema “Denantes mortos que escravos”.

Acceso

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!