IGREXA DE SAN MIGUEL DE ALBARELLOS

Relixioso
249

Localización

Parroquia: Albarellos (San Miguel)

Lugar: O Igrexario

32520  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 30.9" N - 8º 10' 40.9" W

Descrición

Trátase dun templo erguido en tempos do Barroco (arredor de 1614) con fachada principal realizada no século XIX. 
O interior da Igrexa presenta planta  de  cruz  latina  con teitume abovedada e cruceiro con cúpula central . Pola contra, a súa proxección exterior amosa unha base de tipo octogonal, o que provoca que a cuberta semiesférica sexa dun  menor tamaño que a propia base exterior, rematada por un alongado pináculo central.
A data de 1819 que se pode ler na propia base da cúpula, coa Cruz da Orde de Malta no seu interior que alude á dependencia que amosa esta Igrexa con respecto á Encomenda de Pazos de Arenteiro, documenta cronoloxicamente esta peculiar cuberta, obra do Mestre Pedro Parada.
Arriba