TEMPLO DA VERA CRUZ

Relixioso
2145

Localización

Rúa Evaristo Vaamonde

32500  O Carballiño - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 53.0" N - 8º 04' 29.9" W

Descrición

Deseñada polo famoso arquitecto de O Porriño Antonio Palacios, esta igrexa, coñecida polos veciños como "igrexa nova, comeza a súa construción nos anos 40. Caracterízase por unha mestura de estilos arquitectónicos e escultóricos. A planta do templo é de grande orixinalidade e complexidade, destacando dúas zonas: unha planta principal centrada que se complementa na cabeceira cunha ábsida con deambulatorio e unha segunda nave rectangular. No exterior destaca a ampla torre que oculta o cimborrio, baixo o que se sitúa o espazo máis definitorio para o arquitecto: a rotonda do cruceiro, de amplas dimensións. No ano 1957 rematan as obras, se ben anos despois continuasen con modificacións non previstas por Palacios.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!