IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE MEIXIDE

Relixioso
905
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Meixide (San Pedro)

Lugar: San Pedro

27204  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 59.0" N - 7º 54' 37.0" W

Descrición

Edificio románico de finais do século XII con importantes reformas posteriores. Ten planta rectangular, os muros son de cadeirado e cachotaría de granito e a cuberta é a dúas augas con tellado de tella; o presbiterio é máis alto e con cuberta a catro augas. No muro sur ábrese unha porta con arco de medio punto decorado con arquivoltas abucinadas; ten unha cornixa con canecillos con diferentes motivos decorativos. A fachada principal ten a porta alintelada, aínda que hai un arco de medio punto oculto ao exterior. Está rematada por unha torre-campanario de cemento, de construción moderna.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!