IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE MERLÁN

Relixioso
951
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Merlán (San Tomé)

Lugar: A Eirexe

27517  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 26.9" N - 7º 45' 32.0" W

Descrición

Edificio que sufriu, ao longo da historia, moitas reformas que alteraron a fábrica primitiva. De planta rectangular e capela maior da mesma forma. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A sancristía está apegada á cabeceira. O arco triunfal que separa a nave da capela maior é liso e de medio punto. A fachada principal ten ornamentación de placas e unha sinxela espadana de dous vans.
Conserva no interior o retablo maior de estilo neoclásico, e un retabliño na sancristía de estilo barroco.

Acceso

En Chantada tomar a N-540 dirección Lugo. A 500 m coller un desvío á dereita pola estrada LU-P 1802 e a 1,6 km tomar novamente o desvío á dereita pola LU-P 1811 en dirección San Fiz de Asma. A 200 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!