IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE PEDRAFITA

Relixioso
991
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pedrafita (Santa Baia)

Lugar: Mosteiro

27595  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 18.0" N - 7º 45' 15.0" W

Descrición

Igrexa que foi reedificada no século XIX. Ten planta rectangular con capela maior de igual forma e sancristía apegada á cabeceira. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito; a cuberta da nave é a dúas augas e a da capela maior a catro. A nave ten arco triunfal, e un arco faixón na bóveda de canón que cobre a capela maior. Ambos os dous son de medio punto. A portada principal é de arco de medio punto e o frontispicio remata cunha espadana de dous vans. Conserva no interior o retablo maior, de estilo neoclásico, que foi feito en 1852 e pintado en 1853 por orde do párroco Manuel Sampedro e González.

Acceso

Saír de Chantada pola N-540 en dirección a Lugo. Coller o desvío á dereita a 5,5 km aproximadamente. A igrexa atópase a 1 km despois do cruzamento.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!