IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS

Relixioso
1017
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fornas (San Cristovo)

Lugar: Ansoar

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 28.9" N - 7º 46' 32.9" W

Descrición

Edificio da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores. A nave e a ábsida son de planta rectangular, e a cuberta de tella a dúas augas. Ten no interior arco triunfal de medio punto, de tendencia á ferradura, de sección rectangular, axadrezado, imposta sinxela e columnas apegadas con capiteis con decoración zoomorfa. No testeiro hai unha ventá con arquivolta de toro, moldura de billetes e capiteis historiados. O tellado da ábsida conserva canzorros lisos. A portada principal está alterada, pero conserva arco de medio punto con arquivoltas, capiteis rudos e un tímpano liso con inscrición ilexible. O frontispicio culmínase cunha espadana de dous vans.

Acceso

Partir de Chantada en dirección Antas de Ulla, pola estrada LU-P-1809. A 2 km coller o desvío á dereita. A igrexa atópase a 40 m do cruzamento.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!