IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE ARGOZÓN

Relixioso
879
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Argozón (San Vicente)

Lugar: San Vicente

27511  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 37.0" N - 7º 52' 12.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica datada na segunda metade do século XII, con reformas na nave e a sancristía no XVIII, coa desaparición da portada e outros elementos románicos. Ábsida de planta rectangular, ao igual que a nave, de muros de cachotería e cantería de granito e cuberta de tella a dúas augas. A ábsida ten no testeiro unha ventá de medio punto, capiteis zoomorfos e gornición de billetes. Na parte superior dispón de canzorros lisos. Portada principal con lintel, aínda que conserva a pegada do arco de medio punto anterior. O frontispicio remata cunha espadana de dous vans. O retablo maior é de estilo neoclásico e o do lateral esquerdo rococó.

Acceso

Saír de Chantada en dirección Rodeiro pola LU-213. A igrexa atópase a 11 km aproximadamente.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!