IGREXA DE SAN PEDRO DE MURAS

Relixioso
1072

Localización

Parroquia: Muras (San Pedro)

Lugar: Muras

Praza da Galeguidade

27836  Muras - Lugo

Coordenadas:
43º 28' 03.9" N - 7º 43' 24.9" W

Descrición

Igrexa construída a finais do s. XVII parece que sobre un templo anterior do s. XII. É de planta de cruz latina enmarcada nun  rectángulo, fabricada con cachotería de lousa e granito nos arcos e partes nobres, con cuberta de lousa. Consta de tres naves separadas por arcos de medio punto que arrancan de piares rectangulares. Fachada con porta circular que corresponde a cada unha das naves, coroada por un frontón recto cunha pequena campá. A torre do campanario -que data de 1846- atópase situada a 100 m. da Igrexa, sendo de planta cadrada e de tres corpos, e de estilo barroco. No interior do templo destaca a inscrición dun dos muros que fai referencia á súa data de reconstrución en 1678, así como o retablo maior do século XVIII, e outros dous retablos do s. XVII e s. XVIII, con esculturas de diferente época.
Alberga no seu interior unha cruz de prata de comezos do século XVII.
Arriba
Axúdanos a mellorar!