CAPELA DE SAN XOSÉ

Relixioso
894

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Rúa San José s/n

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 24.9" N - 9º 03' 29.9" W

Descrición

Trátase dunha edificación barroca do século XVIII. O cruceiro data de 1727, ano no que se funda a capela. Nos anos corenta do século pasado constrúese un colexio de monxas neste lugar, o que provoca que a capela quede apegada ao colexio. Cara ás décadas dos 70 e os 80 do século XX, a capela volve a ser de novo unha edificación independente.

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!