IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE TAL

Relixioso
608

Localización

Parroquia: Tal (Santiago)

Lugar: Tal de Arriba

15289  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 15.0" N - 9º 00' 02.9" W

Descrición

Foi realizada entre o século XVII e o XIX. No exterior o elemento que recibe un tratamento máis especial é a fachada, que está composta por un frontón triangular decorado con pináculos e enmarcado por pilastras. Sobre este disponse un óculo que pola súa vez está coroado por un campanario de estrutura cadrada. A imaxe máis significativa do interior representa a santa Catalina, que procede da illa veciña do mesmo nome, onde estivo durante moitos anos nunha fermosa capela, hoxe arruinada, á que se pode acceder nas horas en que a marea está baixa.

Acceso

Dende a capital municipal tómase a estrada cara a Noia. A nove quilómetros, en Tal de Abaixo, cóllese un desvío que conduce á igrexa. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!