IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE BRAÑAS

Relixioso
989
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña)

Lugar: O Acibadoiro

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 07.9" N - 7º 56' 47.0" W

Descrición

Construída na segunda metade do século XII. Ten a nave central de forma rectangular. A ábsida é cadrada con dobre arco triunfal semicircular, apoiado en pilastras, con follas soltas que fan de capiteis. Sobre o arco ábrense unhas seteiras. No muro do sur, hai unha serie de canecillos.

Acceso

Partindo de Souto cara a Friol, á altura do km 13, lugar da Carreira, tomamos un desvío á dereita e seguimos ata a igrexa de Santa Mariña de Brañas.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!