IGREXA PARROQUIAL DE SAN XIÁN DE SALES

Relixioso
937
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xián de Sales (San Xián)

Lugar: San Xián

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 54.0" N - 8º 30' 37.0" W

Descrición

A súa edificación remóntase a mediados do S. XVIII. No altar maior pódese contemplar un retablo do S.XVII, con columnas salomónicas, rica decoración e policromía. A este hai que engadirlle outros dous retablos de estilo rococó. Planta de cruz latina, campanario de forma cadrada, rematado cunha cúpula semicircular e sobre esta unha cruz, sobre a porta principal, e un reloxo, tamén sobre a entrada.

Acceso

Dende o concello de Vedra, collemos dirección Santiago pola DP-8203 e continuamos ata chegar a parroquia de San Xián de Sales, ó principio do pobo xa se pode ver a igrexa dende a estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!