CAPELA DA NOSA SEÑORA DOS DORES

Relixioso
850
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz)

Lugar: Tomonde

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 57.8" N - 8º 25' 26.9" W

Descrición

Esta construción de reducidas dimensións é de planta rectangular cunha pequena capela pegada na cabeceira. A fachada coróase cunha espadana de dobre campá e remate triangular. Na cabeceira, unha cruz de pedra remata a cuberta.
No ámbito está o campo da festa cun sinxelo cruceiro.

Acceso

Partindo dende o Concello de Vedra collemos a DP-8203 (dirección Ourense) a cal se une ca estrada DP-1202 e pola que continuaremos ata chegar a un cruce onde atoparemos un illote cun farol e colleremos a estrada da dereita ata chegar ó final do cruce. Alí colleremos á dereita pola CP-9801 continuando ata o final da estrada. Nese cruce colleremos cara a esquerda na AC-241 dirección Ponte Ulla. Continuaremos por dita estrada ata un cruce co indicador “Tomonde” onde colleremos cara a dereita continuando ata chegar a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!