MUSEO DIOCESANO DE TUI

Museos e coleccións
451
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa: Praza do Concello s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 46.7" N - 8º 38' 40.8" W
+34 986 603 107

Descrición

Situado á beira norte da Catedral, no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos (s. XVII), consta de tres plantas. Planta baixa: pequena sala con cerámica e sala con imaxes e obxectos da Confraría de San Telmo, tamén unha ampla sección de pezas arqueolóxicas entre as que é de salientar un casco celta de bronce do século IV a. de C. Primeiro andar: colección de petos e relevos de Ánimas, unha sala de ourivaría, marfís, teas litúrxicas, cálices e cruces parroquiais. Segundo andar: dedicado fundamentalmente a pinacoteca, cómpre salientar os famosos sambenitos (únicos coñecidos ata agora en España) onde, en diversas teas, constan os nomes dos herexes procesados ante o Tribunal da Inquisición (s. XVII).

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/diocesano-tui
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba
Axúdanos a mellorar!