CAPELA DE SANTA MARIÑA DO REMUÍÑO

Relixioso
1453

Localización

Parroquia: Corcoesto (San Pedro)

Lugar: Fonterremula

15111  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 33.9" N - 8º 49' 11.9" W

Descrición

Sinxela capela realizada en granito, que conta cunha planta rectangular dunha soa nave. Os muros están realizados en pedra revogada, por fóra lisos, cunha cuberta a dúas augas de madeira. Só ten un van polo que se dá luz a construción. A fachada principal presenta unha porta alintelada, destacando a espadana, con dous vans con arcos de medio punto, rematada por pináculos. Situada nunha carballeira, con cruceiro e fonte santa, dende a ermida obsérvase un meandro do río Anllóns. Ábrese unha soa vez ao ano para a romaxe de Santa Mariña en xullo.

Acceso

En Ponteceso, tómase a LC-423 cara a Agualada. Tras pasar o cruce de Beres, e A Silvarredonda existe un desvío á esquerda cara Corcoesto, o desvío da capela atopámolo preto da igrexa parroquial.
Arriba