IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DA PARTE

Relixioso
916
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Parte (Santa María)

Lugar: A Parte 3

27410  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 02.0" N - 7º 28' 26.9" W

Descrición

É de orixe románica, pero foi moi modificada posteriormente. Ten unha planta rectangular cuberta a dúas augas resolta en lousa. Na fachada principal conserva a portada románica con arco de medio punto con dúas arquivoltas e columnas con capiteis vexetais. Sobre ela sitúase unha espadana de dous vans con arcos de medio punto. O interior divídese en dúas naves a principal, de maior tamaño, e outra lateral no lado dereito separadas por arcos de medio punto sobre pilastras. No retablo maior atópase a imaxe da Asunción. O retablo dereito, de estípites, é do segundo terzo do século XVIII. Merece destacarse o retablo esquerdo coa imaxe da Nosa Señora do Rosario. No remate deste retablo figura un relevo coa Nosa Señora entregando o rosario a Santo Domingo e a Santa Rosa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!