IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE PIÑEIRA

Relixioso
1091
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Piñeira (San Martiño)

Lugar: As Bodegas 15

27420  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 21.9" N - 7º 31' 55.9" W

Descrición

Foi edificada en 1816 e atópase na aldea das Bodegas. O anterior templo foi queimado polos franceses. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas de tella. A capela maior sobresae do conxunto e está resolta con cuberta a catro augas. Na fachada principal hai espadana con dous vans con arcos de medio punto e outro van de menor tamaño no frontón.  O salientable retablo maior rococó da segunda metade do século XVIII procede do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Monforte e conta cunha interesante escultura da Inmaculada Concepción. O templo ten máis esculturas como as de San Xosé, San Martiño e San Ramón, todas elas do século XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!