IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE MARCELLE

Relixioso
807
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Marcelle (San Miguel)

Lugar: A Pereira 1

27416  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 07.9" N - 7º 29' 17.9" W

Descrición

O templo está situado no núcleo da Pereira. Presenta nave rectangular, capela maior cuadrangular e sancristía acaroada ao alzado norte do presbiterio. A fachada é de pedra de cantería con espadana de dous vans e cristaría na parte superior. No interior atópanse tres retablos de estilo rococó. O maior contén entre outras a escultura do titular S. Miguel. O retablo da dereita ten unha soa fornela con medallóns nos que se representan os catro evanxelistas e escenas da Paixón. O da esquerda é de características similares ó da dereita. Neste caso, flanquean a Virxe do Rosario,  medallóns nos que se representan misterios do Rosario.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!