IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES

Relixioso
1182
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lourenzá (Santa María)

Lugar: Vilanova

Praza do Conde Santo

27760  Lourenzá - Lugo

Coordenadas:
43º 28' 13.9" N - 7º 17' 52.9" W

Descrición

Igrexa monasterial e parroquial que xunto co mosteiro de S. Salvador conforman un monumento histórico-artístico declarado en 1974. As obras inícianse en 1732 polo abade Araújo, para logo facerse cargo o mestre Casás e Novoa. De planta rectangular, consta de 3 naves, cruceiro, presbiterio e sancristía, con cuberta abovedada na totalidade do templo, exceptuando a cúpula de media laranxa con lanterna do cruceiro e de sancristía. Fachada barroca creada polo arquitecto Casás e Novoa, considerada precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago, con núcleo central de 4 corpos a xeito de retablo pétreo con motivos arquitectónicos e varias esculturas, flanqueado por 2 torres laterais: a esquerda de 3 corpos e a dereita -incompleta- de 1 corpo. 

Na sacristía acollese un fermoso Relicario Barroco do s. XVII, e na Capela de Valdeflores o Sartego Paleocristián (s.V) do “Conde Santo”.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!