IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE RIOTORTO

Relixioso
1059

Localización

Parroquia: Riotorto (San Pedro)

Lugar: San Pedro

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 20' 44.9" N - 7º 15' 20.0" W

Descrición

Igrexa edificada no século XVIII, de estilo Barroco, con reformas no XX, en estilo Neogótico. A planta é en cruz latina, con capela maior cadrada e dúas sancristías na cabeceira. Os muros que a conforman son de cachotaría de lousa, e a cuberta de lousa a dúas e catro augas. A portada principal é de medio punto, e sobre esta hai unha ventá tamén da mesma forma. Destaca do conxunto a torre-campanario, que está exenta do edificio principal. Foi construída no ano 1775. Ten tres corpos, o primeiro de cachotaría luosenta, de forma cúbica; o segundo realizado a base de perpiaños de granito, con catro vans de medio punto, e o terceiro é un cupulín que remata o conxunto. Accédese á torre por unhas escaleiras de caracol exteriores.

Acceso

Está na capital municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!