IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE BUBAL

Relixioso
855

Localización

Parroquia: San Salvador de Búbal (San Salvador)

Lugar: San Salvador

27528  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 45.0" N - 7º 46' 05.9" W

Descrición

Igrexa construída a principios do século XVIII, de planta rectangular e con ábsida tamén rectangular. Ten muros de cadeirado de granito e a cuberta é a dúas augas con tellado de tella. A fachada principal ten porta alintelada, ao igual que a situada no muro sur, cunha espadana de dous vans que a remata. No interior, os retablos están enmarcados por molduras con arco de medio punto formando fornelas; o maior e o esquerdo son de estilo neoclásico e o dereito do século XVIII.

Acceso

Partindo de Castro tomar a LU-P 10-04 dirección S. Mamede e a 7,6 km. tomar á esquerda desvío sen sinalizar. A 400 metros atópase o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!