IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE BUCIÑOS

Relixioso
1204

Localización

Parroquia: Buciños (San Miguel)

Lugar: Buciños

27529  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 18.0" N - 7º 51' 09.0" W

Descrición

Construción de finais do XVIII e principios do XIX, na que traballou Alonso de Fraguas. Planta rectangular con muros de cachotaría de granito e cuberta a dúas augas. A nave está dividida en tres tramos, separados por arcos de medio punto sobre pilastras, que se corresponden no exterior con outras que chegan ata o tellado, coroadas por pirámides. A capela maior ten bóveda de crucería con nervios que arrancan de ménsulas gallonadas. Arco de ingreso con imposta clásica. A sancristía está cuberta tamén con bóveda de crucería sobre ménsulas. Fachada principal con porta alintelada e sobre ela unha fornela con imaxe da dolorosa. Fachada rematada con espadana de dous vans. Os retablos, tanto o maior como os laterais son Neoclásicos. No interior hai un fragmento dunha lápida sepulcral de mármore de Carrara, procedente das catacumbas de Roma, así como varios capiteis romanos.

Acceso

Partindo de Castro dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar a LU-901 dirección Cea, a 6 km. tomar desvío á dereita sinalizado (LU-P 10-09) e a 1 km. atópase o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!