IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE POMBEIRO

Relixioso
2621
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pombeiro (San Vicente)

Lugar: O Priorato

27470  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 26' 52.9" N - 7º 42' 11.0" W

Descrición

Como é habitual en moitas outras igrexas da zona, San Vicente de Pombeiro formou parte, alá polo século X, dun mosteiro do que hoxe non quedan máis que algunhas pegadas. A igrexa foi construída entre os séculos XII e XIII, aínda que en etapas posteriores sufriu diversas reformas. É de planta basilical, con tres naves e outras tantas ábsidas semicirculares. A particular entrada principal está disposta entre dous contrafortes. Dous pares de columnas sosteñen, por riba dun tímpano liso, arquivoltas levemente apuntadas. Na parte superior vemos seis arcos decorados con cabezas humanas e formas xeométricas, conxunto que recibe o nome de "gardachuvias”. Os muros norte e sur dispoñen tamén de portas de interese. A primeira é similar á da principal, mentres que a sur está situada baixo un rosetón decorado.
A fachada oeste conta cunha torre de sección circular, rematada por un campanario de sección cadrada, resgardado por unha pequena cúpula. Mirando por una cristaleira situada no muro norte poderemos ver os espazos interiores do templo. Neles consérvanse retablos renacentistas e barrocos, así como restos de antigas pinturas murais do século XV.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-120a en dirección a Ourense. No lugar de O Torrón tomamos un desvío a esquerda, a LU-P-4104, e a 12 km está Pombeiro e a súa igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!