IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE QUIROGA

Relixioso
3
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Quiroga (San Martiño)

Lugar: Quiroga

Rúa Miño s/n

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 32.1" N - 7º 16' 20.2" W

Descrición

Edificio do último cuarto do século XIXI. Planta de cruz latina. Cabeceira con dúas sancristías a ambos os dous lados. Portada con dúas torres e un ventanal cadrado sobre a porta. Muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con tellados de lousa. No interior retablo neoclásico con talles dos séculos XII e XVIII. A igrexa garda no seu interior a Cruz parroquial de prata con alma de madeira, con cenefa de lises e macolla hexagonal en dúas prantas con relevos e estatuíllas de San Martin, do século XVII.

Acceso

Situase no centro da vila de Quiroga nunha das rúas que cortan ca principal (Rúa Real), a Rúa Miño, cara o edificio podemos encontrar un parque infantil.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Neoclásico
Arriba