IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOAN DO HOSPITAL

Relixioso
1076
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Hospital (San Salvador)

Lugar: O Hospital

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 22.0" N - 7º 14' 39.9" W

Descrición

Templo de orixe románica que conserva varias estruturas de esta época. De planta rectangular, consta de 3 naves comunicadas con arcos de medio punto, o cumio esta na nave central que é de factura románica de finais do s. XII, suponse que o ano de consagración da igrexa foi en 1195. A cuberta da igrexa é a dúas augas e esta realizada en lousa. Dentro da igrexa podemos atopar a capela primitiva “A capela de San Xoán” que é de factura prerrománica con planta rectangular e cadrado similares aos que se poden ver no estilo visigótico da península; esta capela servira como eixe para a construción final do que sería a igrexa, isto orixinouse debido a falta de espazo que había no edificio.

Acceso

Para chegar a onde o conxunto de San Salvador do Hospital, debemos coller a estrada LU-623 en dirección a Ribeira do Hospital e no cruce que nos leva a este pobo (enfronte de un edificio amarelo) subir cara o lado dereito e máis adiante da subida poderemos ver as inmediacións do conxunto relixioso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Orden de Malta
Arriba
Axúdanos a mellorar!