IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DA ERMIDA

Relixioso
985
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Ermida (Santa María)

Lugar: A Ermida

27329  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 52.9" N - 7º 15' 03.9" W

Descrición

Esta igrexa consta dunha nave principal do século XVII e dunha pequena nave lateral do ano 1733, o retablo maior consta de primeiros do século XVIII. As naves rectangulares da igrexa están cubertas a dúas augas, na fachada levantase un humilde campanario con varios vanos e cuberto a 4 augas coroado por unha cruz, o acceso ao interior consta de varias portas en madeira. A realización da igrexa é en xisto como a meirande parte da totalidade das igrexas quiroguesas, cabe dicir que na actualidade a igrexa se encontra encalada na súa maior parte. No interior da igrexa podemos encontrar retablos con tallas dos séculos XVI ata o XVIII. Desta igrexa parroquial procede o Crismón da Ermida (Crismón de Quiroga) de finais do século IV gardado actualmente no Museo Diocesano de Lugo.

Acceso

Para o acceso a igrexa debemos coller a carreteira LU-651 dende Quiroga pasando por San Vitoiro e seguindo de fronte ata chegar a vila, xa dende a carreteira se pode contemplar ao lonxe a igrexa xa que se encontra nunha zona elevada. Logo de chegar a vila, recomendase deixar o transporte abaixo do pobo debido a que as calles son moi estreitas.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!