CAPELA DE SESMIL

Relixioso
1049
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Enciñeira (Santa Isabel)

Lugar: Sesmil

27390  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 22' 14.0" N - 7º 11' 47.0" W

Descrición

Pequena capela rectangular con retablo do primeiro terzo do século XVIII. Os muros son de mampostería de xisto pero na actualidade encóntranse encalados. A cuberta é a dúas augas en lousa sobre estrutura de madeira, na fachada podemos encontrar un saínte enlousado que ten como misión protexer a porta das inclemencias meteorolóxicas, encima da fachada levantase unha espada con un oco central para dar cobizo a unha campá, coroada por unha cruz de fábrica. 

Acceso

Para chegar a capela se debe coller a N-120 en dirección A Rúa dende Quiroga, continuar pola nacional ata o cruce de Montefurado e desviarse a esquerda, continuar esa estrada hacia Os Anguieiros e en lugar de meterse cara o pobo seguir a estrada en fronte para chegar a Sesmil (Non desviarse cara A Enciñeira), unha vez en Sesmil a capela atopase no alto no pobo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!